O Festival do Burlesco de Braga comeza este venres co espectáculo de Camille O’ Sullivan

Programa: 
Sonsdenós

Acompañada polos músicos Feargal Murray (piano e teclados), Paul Byrne (batería), Brendan Doyle (saxofón e clarinete) e Eduan Burton (baixo), a cantora que conquistou o recoñecemento internacional con interpretacións de temas de Jacques Brel, Nick Cave, Tom Waits e Kurt Weill e con espectáculos intensos, presenta en Braga unha actuación xa distinguida con preto dunha decena de premios.

Poderosa e divertida, Camille O’ Sullivan usa os palcos por onde pasa como escenarios para a exhibición da experiencia teatral na que transforma as cancións que interpreta. «Rir da loucura e da vulnerabilidade é mais interessante que apresentar uma imagem irrepreensível», afirma Camille, considerándose como unha contadora de historias que, para cada canción crea unha personaxe con emocións e vida propias.

Protagonista do espectáculo “La Clique”, co que percorreu varios países, esta artista que se distinguiu coa participación nos filmes “Over the Edge” e "November Afternoon”, traballa acutalmente con este espectáculo en solitario co que triunfou xa no Reino Unido, Estados Unidos e Australia.