O Kugira chega a Copacabana

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

O Kugira participou no 2003 e no 2008 na construción do peirao exterior de Ferrol (A Coruña). Encargouse da colocación de 10 caixóns de 65,68 metros para o peirao de ribeira e 2 para o peirao auxiliar, que conforman unha liña de atraque de 657 metros, aos que hai que sumar outros 150 do auxiliar. O dique flotante ten 74 metros de eslora (longo) e 56,5 de manga (ancho). As obras de construción dos bloques empregaron a máis de 100 persoas.

O dique flotante caixonero Kugira construiu tamén a ampliación do porto de Algeciras. Posue o record mundial de construir o maior caixón para dique de abrigo exento. As dimensións dos caixóns son 68 metros de eslora, 25 de manga e 34 de puntal. Construiense a un ritmo de 12 dias/caixón e empreganse 9.500 metros cúbicos de formigón e un millón de quilogramos de aceiro. No 2008 o Kugira someteuse a unha reparación en Navantia Fene para solventar unha via de auga detectada mentras construiua o porto exterior de Ferrol.