O mercado do Funchal, un dos mais fermosos do mundo

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

O visitante da illa de Madeira, do Funchal non pode deixar de visitar o mercado. O sabor tradicional e familiar empapan o edificio sen deixarse domesticar polos turistas. Boa parte da aristocracia europea xa descubriu o seu clima benigno no século XIX e a tradición como terra de acollida quizais influia para que os visitantes non sexan quen de alterar a cotidianeidade.

Xunto co bacallau, en Madeira precísase probar o bonito e o peixe espada preto ou espadarte. Na vila de Caldera de Lobos residen os máis expertos pescadores desta especie que se saudan dun extremo a outro da rúa, nunha ostentación de familiaridade.