O Mugardos B continúa de líder e o Perlío colócase terceiro

Programa: 
A Bancada

Os goles do Perlío chegaron no segundo periodo e foron obra de Pena no minuto 16 e de Rober no 33. O Perlío tamén leva duas vítorias consecutivas. O Barallobre empatou en Pardiñas ante o Somozas B a un gol. O equipo de O Ramo leva un punto despois de sumar un empate e unha derrota. O Maniños non xogou por mor do aprazamento do seu partido ante o Meirás. A directiva do club de Valdoviño solicitou este aprazamento por mor da celebración da boda dun xogador. Tamén se aprazou o partido entre o Ortigueira e o Cariño que se tiña que xogar no campo de Morouzos. A morte do pai dun xogador do Cariño foi a causa deste aprazamento.