O Mugardos quere seguir a todo gas en Arteixo

Programa: 
A Bancada

A primeira autonómica de fútbol volve mañá xoves aos campos da comarca. O Galicia de Mugardos aspira a continuar coa súa boa racha e asegurar unha das duas prazas do ascenso de categoría. Os mugardeses levan 1 derrota en 19 partidos. E clave o partido do domingo co Zas e o de mañá xoves en Arteixo, segundo o adestrador Jose Antonio Prieto Cata.

O Mesón do Bento lidera a categoria con 53 puntos, en segunda posición o Galicia con 48 e en terceiro lugar O Val con 46. Os valexos visitan ao lider o vindeiro domingo, pero antes mañá xoves reciben ao Cambre. Co Mesón do Vento vai ser un partido clave para as súas aspiracións, segundo o adestrador Lis.

O Meirás figura nos postos baixos da clasificación e quere escapar do perigo do descenso. A clave para conservar a categoria e ser fortes na casa e non deixar escapar puntos de Valdoviño. Mañá xoves o Meirás visita ao Bertamiráns.