O parque adicado a Rosalía de Castro en Perlío

Programa: 
Zona Verde

O lugar, que conserva a fonte da finca no que se emplaza, acolle un chopo canadiense, uns salgueiros choróns na entrada, unha magnolia e unha dracena entroutras especies.

Rosalía e o Dia das Letras Galegas

O Dia das Letras Galegas é unha celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaran pola súa criación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua . Cada ano adicase a unha persoalidade diferente, elexida pola Academia Galega, tendo en conta que unicamente se esixe que teñan trascurrido dez anos dende o seu falecemento. A data deste evento, o 17 de maio, é que nun día como éste, en 1863, foi publicada na Habana a primeira copia da obra Cantares Gallegos, Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural de Galicia.

“Cantares Gallegos” convértese no primeiro clásico da literatura galega contemporánea. A pegada desta obra é inmensa na posterior producción literaria. Pero ademais “Cantares Gallegos” está na orixe da mitificación de Rosalía de Castro. O pobo galego viuse reflexado na ora e aprendeu a ter conciencia da súa propia dignidade.

En “Cantares Gallegos”, Rosalía de Castro, partindo de coplas ou ditos populares, fainos unha pintura dos costumes aldeáns cun afán reivindicativo, polo que vai máis alá da simple estampa folclórica.

Rosalía reivindica a terra e a fala. Exalta os costumes galegos e protesta pola desconsideración coa que se nos trata, nunha actitude de denuncia, de protesta social,coa finalidade de afirmar a nosa conciencia colectiva. Trátase dunha obra na que os galegos e galegas do século XIX se viron retratados: as súas desgrazas o seu esprito, as súas festas, a súa paisaxe. O éxito do libro débese a esa extraordinaria comunión de Rosalía co seu pobo. Cantares Gallegos no só significa un moi importante exercicio lingüístico e literario -xa que tenta convertir o galego nunha lingua poética e reivindica o seu uso- senón que a súa importancia excede estes limites. Podemos considerar esta obra como unha defensa do ser galego: perante os de fóra e da mesma autosubestimación, a defensa e redescubrimento da nosa propia identidade.

Nun poema publicado algúns anos despois, en 1872, pero que coincide na temática cos Cantares Gallegos, Rosalía de Castro fala da romería de Beiramar no Seixo. A poetisa de Padrón tería visitado a fábrica de tecidos do Seixo por amizade ou relación familiar cos seus propietarios.

Si a vernos, Marica, nantronte viñeras
á festa do Seixo na beira do mar,
ti riras, Marica, cal nunca te riches
debaixo dos pinos do verde pinar.

Á sombra dos pinos, Marica, ¡qué cousas
chistosas pasaron!, ¡qué rir toleirón!
Relouca de arriba, relouca de abaixo,
iñamos, viñamos i o bombo... ¡pon!..., ¡pon!

As cóchegas brandas, as loitas alegres,
os berros, os brincos, os contos sin fel,
todiños peneques, alegres todiños...
I a nosa señora detrás do tonel.

Coa vista turbada, cos ollos dormentes
Sorrindo, comendo, pifando e inda máis,
Que apertos, que olladas tan chuscas trocaban
as nenas de xenio cos mozos de Cáis.