O rápido de Neda

Programa: 
A Bancada

 Bastante público presenciou a carreira nunha fría pero soleada mañá. Jonathan convírtese no primeiro atleta da comarca que vence nesta proba que xa cumpreu trinta e dous anos. O deportista nedense, nacido en 1988, separouse do resto dos participantes xa na ponte das Pías e realizou boa parte do traxecto en solitario con moi bós tempos nos primeiros dez quilómetros. Jonathan xogou a fútbol no Rápido de Neda e conta con moi boa “madeira” para unha prometedora carreira no atletismo. 

 A primeira muller en cruzar a liña de meta foi Begoña Pacio López, que realizou un tempo de 1.26.38. A corredora do mesmo club que o gañador en homes, Pasa ou Entorna, foi a gañadora da proba na categoría de máster B.En handbike gañou Álvaro Illobre (Pulpeiros de Mugardos), con 47.53, seguido por Iván Montero (Enki) con 49.17.

 

Por categorías os tres primeiros clasificados foron os seguintes:Máster A mulleres: Sonia López, 1.30.23; Nati García, 1.30.53 e María José Trastoy, 1.32.43.Máster A homes: Fernando Lorenzo, 1.13.11; Carlos González, 1.14.25 e Pedro Escolante, 1.14.33. Máster B, mulleres: Begoña Pacio, 1.26.38; María Cabadas, 1.27.07 e Inés Papín, 1.27.43.Máster B, homes: Oliver Pérez, 1.13.55; Rubén Liñares, 1.14.28 e Eduardo Sicre, 1.16.05.Máster C, mulleres: Zulema Pericón, 1.36.17; Begoña Sicre, 1.41.59 e María Isabel Carro, 1.47.12.Máster C, homes: Ricardo Álvarez, 1.14.38; Jesús Álvarez, 1.18.31; José Luís Bouza, 1.19.44.Máster D, homes: José Ángel Pita, 1.20.36; Ramiro Couce, 1.29.26 e Jorge Vilariño, 1.30.28.Sénior feminino: Mónica Mesquita, 1.33.39; Noelia González, 1.35.28 e Jennifer Bures, 1.39.31.Sénior masculino: Jonathan Fernández, 1.10.28; Julen Basterretxea, 1.12.59 e Diego Ruiz, 1.13.39.Sub.20 mulleres: Irena Mera, 1.48.49.Sub 20 masculino: Eloy Villanueva, 1.22.59; Yago Freire, 1.38.35 e Jorge García, 1.54.16.

 

Sub 23, homes: Noel Soto, 1.20.41.O participante de maior idade foi Antonio Cabana, do Egovarros de Viveiro, nacido o 11 de marzo de 1940, que realizou un tempo de 1.46.40.Polo que se refire a as categorías de base, na saída para os sub-18 e sub-16, gañou Marcos Gómez, seguido por Jorge Morado, Nordés Ventureira, Esteban Gómez e Pablo Fernández. Na proba para sub-14 e sub-12 gañou Martín González, seguido por Diego Carballeira, Marco Margharetto, Lucía Piñón e Daniel Portomeñe.Por último, en sub-19 o triunfo foi para Pablo Vázquez, seguido por Noa Ardao, Javi Campos, Cristina Gómez e David Graña.