O Racing sufriu o día de Alex López

Programa: 
A Bancada

Alex López é o n-ésimo producto da canteira ferrolán que ten que emigrar para practicar fútbol. O xoven xogador formouse nas categorías inferiores do Racing e xogou coa Selección Española de Fútbol sub-15, sub-16 e sub-17 e debutou en Segunda División co Racing de Ferrol con tan só 16 anos de edade. Logo deixou a entidade ferrolán para militar no Narón Balompé Piñeiros da man de Luis Miguel Garcia. Foi difícil asimilar a terceira derrota consecutiva para a afección racinguista. Sobre todo cando os dous goles da vítoria do adversario son obra dun ferrolán formado na casa.