O Universitario quere encher Esteiro contra o Zamora

Programa: 
A Bancada

Despois de gañar o pasado sábado en Burgos, o Universitario Ferrol está pletórico de optimismo. Directiva, adestrador e xogadoras son conscientes da dureza do rival que se achega. O Zamora ten moitas rotacións e van poñer moi complicado o partido. Por iso é crucial gañar o choque, segundo o técnico Chiqui Barros.

Despois de Zamora, o Universitario Ferrol xogará tres partidos contra rivais teoricamente asequibeis. Pero a directiva ainda non quere pensar na posibilidade do ascenso. E moi complicado subir e logo manterse, pola reducción dos presupostos adicados a patrocinio e a publicidade, afirman desde o club de baloncesto feminino.