Oitocentos quilos de solidariedade

Programa: 
A Bancada

Esta non será a única oportunidade de facer unha achega solidaria mentres se participa nun evento da programación do Nadal en Fene. E é que na carreira popular da tarde do día 30, a tradicional San Silvestre, tamén se poderán entregar alimentos non perecedoiros. A carreira está organizada polo Concello e o Club Atletismo Fene e ten aberto ata o día 27 o prazo de inscrición a través da web www.carreirasgalegas.com ou presencialmente no polideportivo da Xunqueira.