Os apeiros de Sacha na Horta pasan a novas mans

Programa: 
Músicas e Letras

Iseo e Alenya, segundo comentou esta última, non tiñan experiencia musical previa. Non obstante, axiña lle colleron o gusto ao “agropunk mestizo” de Sacha na Horta, a través do cal buscan “evocar a muller traballadora do país”. Por iso, nos concertos nunca falta o mandil e algunha que outra verza.

Os directos son a máxima prioridade da banda neste intre e tamén gravar un novo disco coas novas compoñentes, para o que xa teñen novos temas.