Os divulgadores científicos galegos unen as súas forzas

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

A asociación nace con obxectivos como os de contribuír a profesionalización da comunicación social da ciencia, facilitar ao público este tipo de coñecementos, apostar pola interacción entre a cultura científica e humanística ou promover o uso da lingua galega neste eido. Para conseguilos, pensan impulsar iniciativas abertas á sociedade en xeral e outras dirixidas especificamente aos profesionais e os medios de comunicación.

Unha trintena de persoas participaron na asemblea fundacional da entidade, celebrada en Santiago de Compostela. Entre elas, xornalistas especializados, investigadores comprometidos coa divulgación ou técnicos dos museos de ciencia e tecnoloxía, entre outros.