Os italianos La Venexiana inauguran o IV Festival de Músicas Contemplativas

Programa: 
Músicas e Letras

La Venexiana, nada da colaboración entre a soprano Rossana Bertine e o contratenor Claudio Cavina, actual director musical do grupo, propúxose desde os seus inicios utilizar as fontes orixinais, incorporando na súa interpretación musical a teatralidade, con toda a atención á linguaxe que iso supón, e a exultación de contrastes entre o refinado e o popular, o sagrado e o profano.

Os membros de La Venexiana son algúns dos máis experimentados intérpretes de música antiga e especialistas na madrigal italiano. O grupo realizou concertos nos máis famosos festivais e auditorios arredor do mundo.

O Festival de Músicas Contemplativas, organizado polo Consorcio de Santiago de Compostela, pretende promover un tipo de cultura baseada na idea do que se denomina “diálogo intercultural”, un programa que activa a colaboración, o encontro e a reflexión mutua entre diferentes, no marco dunha cidade Patrimonio da Humanidade.

 

Programa:

Martes 7 de abril. 22.30h.

La Venexiana

I Cantori Gregoriani

(Italia)

Claudio Cavina, director

Vespro della Beata Vergine 1610: Claudio Monteverdi

Igrexa de San Francisco

Mércores 8 de abril. 20.30h.

Música Antiqua Roma

(Italia)

Ricardo Minasi, director

G.H. Haendel - Relixioso

Igrexa do Convento do Carmen

Mércores 8 de abril. 22.30h.

Ensemble Farida Muhammad Ali & Iraqui Maqam

(Iraq)

Música maqam de Iraq: poesía mística da tradición persa e árabe

Claustro do Convento de San Francisco

(Hotel-Monumento San Francisco)

Xoves 9 de abril. 20.30h.

Nassima and Group

(Alxeria)

O espíritu sufí, voz de amor

Capela Real do Hostal dos Reis Católicos

Xoves 9 de abril. 22.30h.

XVIII-21 Le Baroque Nomade

Coro Capela da Catedral de Santiago

(Francia-España)

Jean-Cristophe Frisch, director

Vêpres à la Vierge en Chine

Igrexa de San Martiño Pinario

Xoves 9 de abril. 00.30h.

Nicolau de Figueiredo & Juan Manuel Quintana

(Clavicémbalo e Viola da Gamba)

(Brasil-Arxentina)

Música meditativa para o tempo de Paixón

Igrexa de San Fructuoso

Venres 10 de abril. 20.30h.

Schola da Capela Imperial de Viena

(Austria)

Cornelius Pouderoijen, director

Cantos gregorianos

Igrexa do Convento de Santa Clara

Venres 10 de abril. 22.30h.

Ghada Shbeir

(Líbano)

Paixón e Resurrección: Cantos siríacos en arameo

Capela Real do Hostal dos Reis Católicos

Venres 10 de abril. 00.30h.

Bombay Jayashri Ramnath

(India)

Cantos carnáticos

Igrexa San Agustín

Sábado 11 de abril. 20.30h.

A Filetta

(Córsega)

Jean-Claude Acquaviva, director

Cantos sacros da tradición corsa

Igrexa das Ánimas

Sábado 11 de abril. 22.30h.

Música Fiata Köln & Capela Ducale

(Alemaña)

Roland Wilson, director

Requiem - Missa e Motetes pro Defunctis: Johann Rosenmüller

Igrexa de San Agustín