Os Moriarty presentan hoxe en Braga o seu novo álbum

Programa: 
Sonsdenós

A banda fai parada en Braga para presentar “Gee Whiz But This Is a Lonesome Town”, o seu novo álbum, no que destaca a voz de Rosemary Moriarty, que se multiplica para interpretar baladas ou temas inspirados en sonoridades tan diversas como o folk, jazz, country ou blues.Feito de historias sen idades nin fronteiras que os Moriarty contan de forma excéntrica, “Gee Whiz But This Is a Lonesome Town” xorde en 2007 como reflexo dunha carreira iniciada a finais da década dos 90 e que culmina agora nun pop-cabaret da Dallas dos anos 30 que flutúa nas rúas do París de hoxe.As entradas, a un prezo de 10 euros, están dispoñibles na taquilla do Teatro Circo.