Os salarios dos funcionarios redúcense nun 5%

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

Trátase do primeiro recorte de gasto social desde que goberna Zapatero, unha serie de medidas orientadas a cumprir cos criterios de converxencia da Unión Europea e reducir o déficit das contas públicas. Son nove medidas presentadas esta mañá nun intenso debate e que inclúen: redución dos salarios dos funcionarios nun 5% en 2010 e a súa conxelación para 2011, fin do cheque bebé e recortes en gastos de medicamentos, xubilacións, viuvez e investimento público. Zapatero tratou de explicar as razóns do Goberno para anunciar a recuperación e ao mesmo tempo pedir á poboación “sacrificios e esforzos moi considerables": "É agora cando máis o necesitamos para manter entre nós aos investidores e unha imaxe de estabilidade” manifestou.