Oviga presenta a mellor oferta para o césped artificial de Maniños

Programa: 
A Bancada

A mesa ratificou ademáis a exclusión de duas empresas que presentaran unha oferta económica excesivamente reducida, calificada de “baixa temeraria”, segundo a normativa de contratación da Deputación.

O pleno da Deputación deu luz verde no pasado mes de decembro ao convenio co Concello de Fene para financiar as obras de construción dun campo de fútbol de herba artificial no Pote, en Maniños. Este proxecto conleva un investimento de 381.101,23 euros que achegará de forma íntegra a institución provincial. O documento inicial contempla o movemento e compactación de terras do actual terreo de xogo, a execución da subbase e posterior extensión do manto de céspede sintético, a construción dos sistemas de recollida de pluviais e rega. E o equipamento completo do recinto deportivo, incluíndo a rede, banderines, bancos de aceiro con asentos de plástico e banderillas por todo o perímetro do campo. A infraestrutura estará habilitada para a práctica de fútbol 11 e fútbol 7, polo que ademais das dúas porterías disporanse outro catro máis de aluminio, abatibles lateralmente.