As Peninsulas & Continentes de María de Medeiros saen á venda

Programa: 
Sonsdenós

"Penínsulas & Continentes", relata unha viaxe musical entre as penínsulas ibérica e itálica, e os continentes americano e africano. Misturanse cancións de resistencia de Victor Jara e José Afonso con temas africanos de Waldemar Bastos e Duo Ouro Negro e pezas de rock brasileiro e español, de Lenine e El último de la fila. A variedade de línguas utilizadas crea unha trama melódica. O portugués, español, italiano, catalán e inglés represéntanse como idiomas das penínsulas e dos continentes. Mensaxes, murmúrios, berros, suspiros, risos forman un tecido de sentimentos nunha peregrinación intercontinental.