A Perlío non da chegado a primavera

Programa: 
A Bancada

Ao Perlío non lle da chegado a primavera. Onte perdeu por 2 tantos a cero fronte ao Ortigueira no campo dos Pinares. O que definiu o partido foi o primeiro gol ao pouco de comezar, segundo a opinión do adestrador do Perlío Fernando Alvarez. As baixas por lesións lastran en exceso ao equipo dos Pinares, que perdeu fronte aos orteganos unha ocasión de ouro para dar un golpe de autoridade.