Persoeiros do cine de todo o mundo reúnense estes días en Espinho

Programa: 
Sonsdenós

Nesta quinta edición, o coñecido como FEST Training Ground 2009 conta cunha importante aposta de contidos, con formadores de recoñecido valor a nivel internacional. Como exemplo, para este mércores 24 de xuño, están programadas as intervencións de varios realizadores portugueses como Gonçalo Galvao Telves ou Virgílio Almeida e do estadounidense Tom Stern, director de fotografía de boa parte dos filmes de Clint Eastwood. Tamén estará o profesor de cine e director do festival Madrid en Corto, Ismael Martín.