Por favor, enterren aos artistas na tumba do Apostol!

Programa: 
Músicas e Letras

Puig espuxo nun par de "píldoras" as súas receitas para afrontar a cultura en contexto de crise. Confesouse "herexe" e calificou de difuntas as "políticas culturais do espectáculo". En contraposición manifestou a necesidade de "multitude de lideres emprendedores -que non choren- capaces de movilizar ilusión e recursos para transformar a realidade actual cidadán". Tamén defendeu a criación de "proxectos, servizos, espazos e organizacións diferentes, innovadores, que cuestionen e desafien ideas, prácticas, xestións encorsetadas e establecidas como inmutabeis".

O actual asesor do Concello de Barcelona recomendou "mestizar paixón con paciencia" e postulou un cambio de modelos organizativos, pilotado nun diálogo con mundos plurais, artellando unha suma complexa e xenerosa que estableza obxectivos a longo prazo. Estas ideas e reflexións deben concretarse e adaptarse a cada realidade concreta. "Se queren que lles axude, convidenme a cear", concluiu o mestre da comunicación implicativa. Duas preguntas abriron o coloquio: a primeira nun tono crítico relativizando a disidencia do conferenciante, a segunda, unha muller dende o fondo da sala díxolle a Toni: Convídote a cear.