Práctica deportiva e hábitos de vida saudables

Programa: 
A Bancada

Un ano máis, a Marcha Ciclista Popular do Concello de Fene contará con dous itinerarios: o primeiro, cunha distancia aproximada de 7 km, e o percorrido total, cunha distancia aproximada de 15 km.

O itinerario da marcha será o seguinte:

1ª PARTE: PERCORRIDO PEQUENO (7 Km. aprox. )

-    Saída da Praza do Alcalde Ramón Souto González cara a Avda. Naturais de Fene
-    Avda. Naturais de Fene cara á Avda. das Pías
-    Avda. das Pías dereita cara a San Valentín
-    En San Valentín Rúa do bloque 3
-    Avda. da Cooperación
-    Avda. do Mar
-    Tellerías  
-    O Cruceiro
-    Hortelá ata chegar ao cruce da Xunqueira  
-    Marqués de Figueroa (REAGRUPAMENTO)
-    Rúa da Fraga
-    Avda. Concello de Fene

2ª PARTE: PERCORRIDO DOS MAIORES:

A primeira parte do percorrido dos maiores coincidirá co itinerario pequeno. A partir de aí, os ciclistas que queiran continuar a marcha, realizarán o seguinte percorrido:

-    Avda. Naturais de Fene ata o cruce de Fene
-    Avda. Marqués de Figueroa cara a Barallobre
-    Estrada da Palma ata a baixada a Ribeiroa, Barallobre
-    Paseo Peirao
-    Reagrupamento na zona verde do Peirao,  Barallobre
-    Subida pola Estrado do Peirao ata o cruce da  Estrada da Palma  
-    O Piqueiro, xiro a esquerda cara ao Concello
-    Estrada da Palma
-    Avda. Marqués de Figueroa
-    A Fraga
-    Praza do Alcalde Ramón Souto González

Segundo informan dende a Concellería de Deportes, para participar na Marcha Ciclista Popular será obrigatorio o uso de casco. Ademais, ao remate da proba, realizarase un sorteo dunha bicicleta e material deportivo entre todas as persoas participantes.