A progresión do Maniños contra a euforia do Eume

Programa: 
A Bancada

A directiva do Cultural Maniños informa do mantenemento dos prezos para o crucial partido deste domingo. Os socios deberán abonar 0,60 € e o público en xeral 3€. Os menores de 18 anos terán acceso gratuito. Vai ser un partido bonito para os afeizoados, segundo o adestrador do Maniños Angel Mahía.

O Eume deportivo achegaráse a Maniños con todas as gañas que aporta o primeiro posto da categoria. Sempre é máis doado cargar coa responsabilidade de ir de primeiro que estar nunha posición comprometida, segundo o adestrador de Pontedeume Juan Fernandez.

O pasado domingo houbo relevo de lider na Segunda Autonómica de fútbol. O Ortigueira cedeulle o liderato ao Eume, tras perder o encontro fronte ao Narahío. O mister do Ortigueira Washington Ferrer afirma que perderon a pesar de xogar un dos mellores partidos da temporada.