As rapazas do Maniños arrebollaron nos Pinares

Programa: 
A Bancada

Comezou marcando o Maniños pero o Perlío pronto empatou a uns. A partir daí, empezou a racha goleadora das do Maniños, entre elas Moka e Raquel que marcaron a maioría dos goles, segundo palabras do técnico do Maniños, Javi Pellecín. O Perlío é como se baixara os brazos e daí a abultada victoria das rivais. Esta mañá falamos con Javi Pellecín, técnico do Maniños, sobre o derbi.

Tamén o fixemos co técnico do Perlío, Jorge Bello, quen diferencia a primeira e segunda parte do encontro. O Perlío, afirma, encarou mellor a primeira parte, máis igualada, pero a veteranía do Maniños e a súa superioridade, desbarataron o resto do encontro. Quizás a desmoralización das xogadoras do Perlío levou a ese resultado. O Perlío enfróntase a vindeira xornada ao Cariño, coa pretensión de conservar o posto ao que chegou nesta súa primeira concurrencia á Liga.