A Segunda Autonómica está que arde

Programa: 
A Bancada

O Perlío intentará afianzar a cuarta praza recibindo nos Pinares ao Cedeira. O Maniños xoga co Galicia Mugardos B no campo do Pote e o Barallobre visita ao Valdoviño en Mourente. Na cabeza da clasificación, o Ortigueira recibe ao Galicia de Caranza. Trátase dun rival con moito perigo, ao ser un equipo con risco de descenso. Os de Caranza pelexarán como leóns por escapar dos postos que levan directamente á Terceira Autonómica.

 

Tamén no poleiro da táboa, o Eume recibe a un Miño, xa descendido matematicamente, pero que acudirá coa motivación da rivalidade entre duas localidades limítrofes. Ademais moitos dos xogadores miñotos, vestiron antes a camisola do equipo representativo de Pontedeume polo que se esforzarán por dar o do de peito no campo da Gándara. Quedan tres xornadas para o remate da Liga e a emoción vai in crescendo.