Stella Doufexis inaugura o Ciclo de Lied de Santiago

Programa: 
Músicas e Letras

Esta nova edición do Ciclo de Lied xira entorno á relación entre a música e a poesía. Baixo o título Se os meus poemas tivesen ás... Músicos e poetas 2, pasará por Santiago artistas consagrados -como tenor inglés John Mark Ainsley ou a mezzosoprano austríaca Angelika Kirchschlager- e novas promesas da canción clásica, caso do tenor norteamericano Alek Shrader.

O lied é un xénero musical xermánico que consiste nunha composición escrita para un cantante con acompañamento de piano. Segundo os organizadores do ciclo santiagués, trátase dunha proposta que gusta especialmente aos afeccionados á música clásica e agardan que esta edición volva ser un éxito de público. A primeira cita para comprobalo é esta noite, a partir das nove, no Teatro Principal.