A tensión competitiva elévase en Maniños

Programa: 
A Bancada

A tensión competitiva elevouse en Maniños nos últimos dez minutos do partido da Segunda Autonómica de fútbol. Tocou sofrir o domingo no Pote. A vitoria do Maniños fronte ao Cariño (2-1) chegou cun partido moi pelexado nun campo moi mal estado. O terreo de xogo blandisimo marcou o choque, segundo o directivo do Maniños Alfredo Fernández. O Maniños xogou unha boa primeira parte e púxose 2-0 co que parecía un partido tranquilo e apacible, pero o Cariño marcou un gol e tocou sofrir nos últimos dez minutos.