Toni Puig: “A cultura debe abordar o futuro da humanidade”

Programa: 
Músicas e Letras

Puig fundou nos anos 70 a revista Ajo Blanco, unha publicación contracultural da que, láiase, hoxe en día non existe relevo. Durante máis de 30 anos exerceu como asesor do Ajuntament de Barcelona para, segundo as súas palabras, “cambiar unha cidade invivible pola cidade con mellor calidade de vida de Europa”. Esa experiencia sérvelle para ter moi clara a súa opinión sobre cal debe ser a base do redeseño das urbes: a creatividade.

 

Preguntado por Compostela, Toni Puig coida que Santiago conta “co instrumento máis interesante de Europa para potenciar a creatividade”. O catalán gabou a Cidade da Cultura, á que cualificou como a “galiña dos ovos de ouro”. Na súa opinión, o proxecto do Monte Gaiás debería complementarse coa imaxe do Xacobeo, xa que na actualidade “o marketing do Ano Santo só está a funcionar o 50%”.