Un cento de músicos no encontro “Músicaxove Galicia-Portugal”

Programa: 
Músicas e Letras

O encontro arrancou pola mañá cunha mesa redonda na que tomaron parte o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato; o director rexional do norte de Portugal do Instituto Portugués de Juventude, Vitor Días; Vitor Belho en representación de Cantos na Maré; Luis Fernandes por Outonalidades; e Santi Veloso por Ponte nas Ondas. Os profesionais atenderon as inquedanzas dos grupos, ao tempo que promoveron o diálogo entre os participantes. O obxectivo final da iniciativa é poder extraer conclusións que orienten á Xunta á hora de establecer liñas de apoio o máis próximas ás demandas reais dos músicos.

A iniciativa, que foi organizada pola Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil Galicia-Norte de Portugal de Tui, enmárcase dentro do proxecto Espazo Xuvenil dirixido pola Consellería de Traballo e Benestar e o Instituto Portugués de Juventude.