Un ombú no cemiterio de Fene

Programa: 
Zona Verde

Achegase difuntos e os cemiterios, os camposantos, recobran o seu esplendor. Lugares silenciosos durante todo o ano recobran o ruido coas visitas de familiares e amigos aos seus desaparecidos. Cando visitemos esta fin de semana os camposantos fixarémonos nos nichos e nas flores, pero reparemos noutros aspectos que pasan quizás desapercibidos. Por exemplo, no cemiterio municipal de Fene, no Campo da Arca de Barallobre, ao fondo da avenida principal paremonos a observar unha árbore singular, un ombú.

O ombú do cemiterio municipal de Fene foi trasplantado dunha finca do Souto Grande, doado por unha familia que estivo en Uruguay, daí troixeron esta árbore, de Sudamérica. Unha árbore que chega a formar ela soa un bosque, tal e como aparece reflexado nunha obra de Julio Verne. Unha árbore moi antiga, tanto que na Cartuja de Sevilla hai un exemplar que troixo de América o fillo de Colón.

O cemiterio fenés conta con abundancia de especies arbóreas , dada a sua gran superficie.  Dende castiñeiros de indias, ata cedros, pasando por acibros, están plantados neste lugar. Por suposto non faltan alí os teixos e cipreses , así como árbores frutais: maciñeiras e naranxeiras. Un camelio e un nespereiro, procedentes da reitoral de Fene, medraron xuntos na entrada do camposanto. Alí botaron raices.