Un xardín en forma de barco

Programa: 
Zona Verde

Botando man do noso maxín instalámonos nese buque ficticio. Unha barandilla de madeira rodea toda a contorna do xardín-barco e na parte dianteira atopamos unha mesa e uns bancos,  que imitan ás lanchas da ría de Ferrol. A vela da nave represéntase por unha camelia transplantada de cor rosada, símbolo da forza da natureza, doada polo ex-concelleiro de Fene xa falecido, Pián López Pérez.

A casoupa de información fai de ponte da embarcación, o cerebro da nao. A parte traseira e máis ancha deste triángulo axardinado alberga como bandeira un Ginkgo, máis coñecida como á arbore inmortal xa que sobreviviu á bomba atómica de Hiroshima. Este Ginkgo é un canto á paz e á amizade entre os pobos. A carón do mesmo hai un fondo de Lagerstroemia india de cor rosada.

Na entrada da rampa de acceso á caseta de información álzase unha rocalla chea de prantas aromáticas (romero, tomillo, santolina, etc), entre a que destaca unha pedra, símbolo do elemento natural máis representativo do Concello de Fene: A Fervenza do Belelle. Nun lateral deste barco imaxinario, un panel informativo cun mapa do municipio fai de ventanal da ponte.