Viños de Galicia para comer en China

Programa: 
Comer en Galicia

O Consello Regulador organizou, por primeira vez, unha cea-maridaxe para prescriptores (importadores, prensa, sumilleres...) en Shangai. Esta actividade contou cunha breve introducción á Denominación de Orixe Rías Baixas, para continuar cun maridaxe de seis viños con outros tantos pratos da gastronomía local. A directora de Promoción e Marketing, Eva Mínguez, explica que “tratamos de que eles mesmos comproben as posibilidades dos nosos caldos coa súa propia gastronomía, e facémolo con marcas que xa están presentes no mercado chino para que os seus lectores, restaurantes... poidan ter acceso a elas”. 

Ademais, un grupo de profesionais da Asociación de Sumilleres de Shangai participaron nun seminario-cata, que consistiu nunha presentación da denominación de orixe e nunha cata de cinco viños de Rías Baixas. Dúas actividades desenvolvidas coa colaboración do IGAPE.