Vino Gallego abre tenda en Santiago de Compostela

Programa: 
Comer en Galicia

Un dos maiores atractivos de Galicia é o turismo, que ano tras ano crece tanto a nivel nacional como internacional, e se falamos de turismo en Galicia é inevitable falar de gastronomía e viños. Cada ano o mercado do viño en Galicia cobra maior importancia, non só pola variedade e o gran nivel dos seus caldos, senón tamén porque é un dos alicerces económicos desta terra, tan só superada polo téxtil (Inditex). Ademais, a gran competitividade das adegas, a crítica internacional e mesmo o clima, auguran un gran futuro para este sector.
Vino Gallego é a web de referencia dos viños de Galicia, que pretende ser tanto unha ferramenta de divulgación como un punto de encontro de amantes e afeccionados aos viños e a Galicia.
A tenda.
Vino Gallego abre agora as portas á súa primeira tenda física, e o lugar elixido é a céntrica rúa de Xeneral Pardiñas en Santiago de Compostela. Cidade, turismo e Xacobeo 2010 foron razóns suficientes para asumir esta nova aventura.
Vino Gallego é unha tenda de viños, exclusivamente galegos, de máxima calidade e con Denominación de Orixe, pero tamén é un club no que por unha alcanzable cota mensual pódes gozar dos mellores viños de Galicia a domicilio e ao mellor prezo.

A web.

Vinogallego.com, é o portal máis visto sobre viños e Galicia. En vinogallego.com podes atopar información actualizada a diario, tanto de noticias do sector do viño e a gastronomía, como datos e cursos sobre viño. Tamén se pode consultar un directorio con centos de viños e adegas, as súas fichas técnicas e opinións de usuarios.

Tenda online.

Outra das posibilidades de vinogallego.com é a de adquirir viños enviados desde tenda ou directamente desde a adega sen ningún tipo de intermediarios.Os números de vinogallego.com, aínda que lonxe doutros grandes portais, son cando menos prometedores. En tan só dous anos de vida, a web conseguiu unha media mensual de 200000 visitas, recibe pedidos de viño desde todos os puntos de España (e mesmo Europa) cunha media de 20 caixas de viño ao mes e un catálogo de máis de 200 referencias das cinco Denominacións de Orixe de Galicia. Ademais, na tenda online tamén se poden atopar outro tipo de produtos moi relacionados cos viños, como queixos, chourizos, lacón, bagazo e licores galegos.

Rede Social.

Unha das últimas incorporacións ao portal é a rede social temática de Galicia sobre gastronomía, turismo e por suposto viños. A recentemente inaugurada rede social, que xa conta con máis de 300 usuarios, ofrece multitude de posibilidades: creación de grupos (públicos ou privados), fotos, vídeos, directorio de turismo, onde os usuarios poderán incluír os seus establecementos galegos favoritos e até un receitario onde calquera persoa pode dar a coñecer as mellores receitas da nosa gastronomía.

Servizos.

Ademais do portal e as tendas, Vino Gallego ofrece servizos concretos a adegas, que van desde o asesoramento en Internet, a creación e mantemento de webs para adegas e viticultores que aínda non dispoñan de presenza na rede, até o desenvolvemento de comercio electrónico para a súa propia venda online.

E o mellor de todo, a pesar de que moitos aínda non o cren, é que todos estes servizos son totalmente gratuítos. Actualmente Vino Gallego, axudou e presta os seus servizos a máis de 20 pequenas adegas de toda Galicia.

Expansión.

Os plans de Vino Gallego pasan por seguir crecendo. En breve asinarán un acordo para participar como organizador do primeiro Salón de Enoturismo de España, que con motivo do ano Xacobeo celebrarase en Galicia. Doutra banda, os plans pasan por abrir outra tenda Vino Gallego nalgunha cidade estratéxica.