XII Trofeo de bateis en Narón este sabado.

Programa: 
A Bancada

 O Clube de Remo Narón en colaboración co Padroado de Deportes veñen de organizar o XII Trofeo de Bateis Cidade de Narón, que se desenvolverá o sábado 14 de marzo na Ensenada de A Gándara (xunto á lonxa dos mariscadores) a partires das 15:30 horas. 

Un total de 15 equipos confirmaron a súa participación no trofeo: Clube de Remo Furacán  de Corcubión, C.R. Ares, C.R. Cedeira, C.R. Rianxo, C.R. Marítimo de Ferrol, Agrupación Deportiva (A.D.) Esteirana, Clube Marítimo (C.M.) Mugardos, C.R. Perillo, C.R. Cabo de Cuz, C.R. Mera, C.R. San Felipe, C.R. Puebla, C.R. Muros, e C.R. Narón.            

O Concello estima que as probas rematarán entorno ás 20:00 horas. Nese horario faráse entrega dos trofeos  ós gañadores, nas diferentes categorías, por parte da Concelleira de Deportes, Natalia Hermida Rico. As categorías do Trofeo de Bateis son, masculino: infantil, cadete, xuvenil e senior. Na modalidade feminina, as categorias, promesas e absoluto.