Alegría para min, tristeza para o meu amo

Programa: 
Club de lectura
Xurxo Souto, Henrique Sanfiz, María Xesús Arias e María Xosé Lavandeira

O músico e escritor Xurxo Souto quere reivindicar a importancia do mar e da muller no presente e no futuro de Galicia. “O mar non é nin pintoresco, nin riquiño, nin bonito,  é o único futuro, se somos intelixentes debemos poñelo en valor”. A señora Laura, que vive na Casa do Remo, na rúa Tinallas da Coruña ofrécelle a Chiruca un conto para cada día de marea. A novela de Xurxo tamén quere homenaxear ao poeta de Noia Avilés de Taramancos, que foi bautizado co seu nome literario por Uxío Novoneyra e Manuel María no Bar O Lionardo.
“Cociña de Perlío, en 1957, embarcou nas Arneiras cara Buenos Aires. Renxianlle as cadernas, o Highland Chieftain era un barco velliño, por iso moito solaz trouxeron a bordo as súas melodías de acordeón”
Este é un fragmento do libro de Xurxo Souto “A gran travesía de Chiruca Macallás” onde tamén homenaxea a Pucho Boedo, Sito Sedes e a Guillín de Curuxeiras (Emilio Romero, de Ferrol vello).