Club de lectura con Díaz Vázquez

Programa: 
Club de lectura

“La vida tangencial” é o sexto libro do autor ferrolán Manuel José Díaz Vázquez que estudou filosofía e se confesa admirador de Cervantes e Valle Inclán. Tamén gosta dos novelistas rusos. Desde “Ás vacas da señora Helena non lles gusta o pemento picante” aparecido en 2012 ata “La vida tangencial” - decembro de 2019- todos os seus libros gardan unha íntima relación entre sí. Son como unha saga, como a vida imaxinaria do autor, quen afirma “ Son unha mestura de veracidade e invención. Algunhas cousas son verdades escondidas na ficción, na literatura”. 

Manuel José Díaz Vázquez foi o convidado esta semana no Club de lectura de Radio Fene- Radiofusión que contou coa concurrencia dos lectores Esther Val, Andrés C.M. Riberia e Henrique Sanfiz.