Comecartos, casas de apostas e xogo online: a nova heroína da mocedades

Programa: 
Vilanova
Máquinas comecartos en Fene

A ludopatía é unha grave adicción e o seu aumento está a ser proporcional por boa parte de Europa. A maior cantidade de locais de apostas e o xogo online esconden puntos en común en todas as comunidades: entrar nos barrios máis prexudicados pola crise e coas estratexias de mercadotecnia máis agresivas.

A ludopatía sempre existiu, pero actualmente parece adquirir un carácter epidémico. O Defensor do Pobo Francisco Fernández Marugán pediu ao goberno a prohibición total da publicidade relacionada co xogo e as apostas. Desde hai uns anos percíbese un descenso moi significativo da edade das persoas adictas ao xogo. Seguen sendo maioritariamente homes, cun incremento notable entre menores de vinte anos. Se a ludopatía é un problema de saúde pública, cunha incidencia cada vez maior, non parece xustificado o feito do bombardeo de anuncios incitandonos a apostar, segundo indica o psicólogo Manuel Fernández Blanco.