Contar o que pasou na Galicia neghra

Programa: 
Club de lectura
Club de lectura de Radio Fene Radiofusión sobre Galicia neghra

O conxunto de textos constitúe un retrato diverxente da Galicia actual, constituído por relatos a medio camiño entre a reportaxe e a ficción de serie negra. Deste xeito, polas páxinas do libro pasan asuntos como o accidente de Angrois, o caso do metílico en Ourense, o roubo do Códice, o ocaso dos caciques ou o crime de Asunta.

Galicia Neghra recolle textos de Manuel Rivas, Nacho Carretero, Elisa Lois,  Jaureguizar, Manuel Jabois, Xosé Manuel Pereiro, Silvia R. Pontevedra, Bieito Iglesias, Aníbal Malvar, Fernanda Tabarés, Claudia Vázquez e Diego Ameixeiras. Saiu do prelo a primeira edición en 2014, a segunda en outubro de 2018,  pero segue de vibrante actualidade. Unha boa menciña para a xente farta de ver como se transforman traxedias humanas en circos mediáticos, para as persoas que queren comprobar a viabilidade dun xornalismo de sucesos con mirada honesta e informativa.