Conversas con Paco del Riego. Perfecto Conde

Programa: 
Club de lectura

Ao longo destas liñas e logo de moitas horas de gravacións, Paco del Riego humaniza a cultura galega e fala das persoas que están detrás de escritores como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín ou Uxío Novoneyra. “Igual ca Philippe Marlow, leva con heterodoxia a súa condición de detective”, afirma Manuel Rivas sobre o xornalista e autor desta obra, Perfecto Conde.