In The Corner 11 xuño 2021

Programa: 
A Bancada

O programa número 17 de "In The Corner" deu un tratamento especial ao partido Victoria - Betis B, correspondente á ida da eliminatoria de ascenso a Segunda División. Cunha entrevista á ex victorista Sabrina, na actualidade no segundo equipo verde e branco, e outra a Tati, unha das capitás do cadro herculino, pretendemos desvelar e anticipar algunhas das claves polas que pode navegar o partido. Escollimos seis curiosidades para resumir diferentes aspectos das categorías en xogo da pasada xornada, e comentamos a segunda fase da Primeira Galega e o que falta por decidir na derradeira da Segunda. O programa rematou coa entrevista a Orlando Iglesias, que xunto a Bibiana Santiso dirixen as I Xornadas "A terra, o balón mais elas", unha excelente proposta cultural dedicada ao fútbol feminino, que durante o mês de xuño está ca desenvolverse no concello de Abegondo, organizadas polo Veteranos de Crendes CF e o CD Mabegondo. Hoxe, venres, 11, ás oito, terá lugar a charla que, baixo o título "Matriarcas" fará un repaso á historia do fútbol feminino en Abegondo. Proxectarase o documental do mesmo nome, dirixido por Alfonso Hermida, e contará coa presenza do citado, ademais de con futbolistas abegondesas das distintas épocas. O propio Orlando Iglesias exercerá como mestre de cerimonias