In The Corner 16 abril 2021

Programa: 
A Bancada

O programa número 9 d e In The Corner deu protagonismo a guardarredes do Deportivo, Esther Sullastres. A catalá, nunha entrevista en galego, fixo un percorrido pola súa carreira presentando dilemas como fútbol ou estudos, promesas incumpridas na evolución máis recente do fútbol feminino en España, a situación do Deportivo, as variacións defensivas no equipo desde o partido contra o Rayo Vallecano e as perspectivas cara ao do Barcelona no Johan Cruyff. Martín Rodríguez, técnico do Gijón, falounos das características dos equipos asturianos que se están enfrontando aos galegos nas segundas fases do Campionato de Liga de Primeira Nacional e, ademais das curiosidades da xornada, falamos brevemente da Primeira e Segunda Galega, coa explicación que deu Pepe González, técnico da Milagrosa, sobre a suspensión do partido Monte Forte-Milagrosa, correspondente á primeira xornada da categoría de prata do fútbol autonómico.