In the Corner 5 Marzo 2021

Programa: 
A Bancada

O quinto programa de In The Corner analizou a situación do Deportivo logo da derrota en Vallecas e o triunfo importantísimo contra o Sporting Huelva. Fixo unha aproximación ao que pode ser a segunda fase, na loita pola permanencia, do Friol e centrou os seus comentarios sobre a Primeira Nacional no que representou o triunfo do Victoria da Coruña sobre o Mos, que decantou, de xeito case definitivo, quen serán os tres que loiten contra equipos cántabros e asturianos por unha praza na fase de ascenso a Segunda División.

 

Aproveitando o premio concedido pola Fundación Vigo Deporte nesta semana, o programa entrevistou a Paula Rodríguez, a central do Mos, repasando pasaxes como o da súa convocatoria coas mellores sub’16 españolas nas Rozas, o seu gol ao Interrías, as súa evolución posicional pasando de mediacentro a central e o reto que se lle presenta cara a segunda fase da Liga de Primiera Nacional.

 

Logo das curiosidades da pasada xornada, nas que salientou a vitoria do Sárdoma sobre o Valladares, o hat-trick de Paula Monteagudo, os goles de Alba Merino a Chelsea, a clasificación de Deportivo B para estar no grupo das mellores na segunda fase da Liga e o primeiro gol de Paula Paredes (Victoria de Santiago), pulamos até San Sebastián para estar cunha das nosas emigradas, Nuria Rábano, fichada no verán pola Real Sociedad, para falar do seu pasado deportivista e a súa perspectiva do partido do domingo baixo a perspectiva “txuri urdin”. Nuria comentou que “estou moi contenta en San Sebastián (...) O que quería era xogar e a base de traballo e a confianza de Natalia (Arroyo) son titular.” Definiu ao seu actual plantel como “un equipo ambicioso que quería facelo o mellor posible. Fixo fichaxes para mellorar o bloque de anos anteriores e imos polo bo camiño.” Sobre as posibilidades das donostiarras para estar en Europa falou que “temos que ter os pés na terra. A primeira volta foi boa, pero perdemos puntos. Estamos aí metidas e está complicado estar entre as tres primeiras, pero é o obxectivo que nos poñemos.” Contounos a intrahistoria da súa reconversión, de interior a lateral, “Na pretemporada, nun partido, Manu díxome que ía haber cambios e pensei calquera cousa menos atoparme de lateral. O ano pasado xogabamos cun rombo e aquel recorrido veume moi ben.” A compostelá atopou diferenzas entre a Primeira División actual e a da campaña pasada: “Os equipos van mellorando a súa condición física. Este ano está sendo dos máis difíciles para competir. Calquera equipo pode quitarte quitar puntos, incluso ao Barça. Nós puxémoslle cara e pode conseguirse. Este ano é unha Liga moi competitiva.” Considerou necesaria para o seu progreso a saída do Dépor. “Notei un punto máis de profesionalidade ao chegar á Real. O único pero que lle poño ao Deportivo é que nin a min, nin a Tere, nos valoraron como xogadoras, incluso como galegas. Gustaríame seguir facendo outra temporada incrible co Deportivo. Pero tiña que decidir o meu futuro e non tomei unha mala decisión.” Alén diso, Nuria tamén recoñece, e “sempre o direi, para min o Dépor foi unha familia, gocei en cada partido do ano pasado. Ao final é un equipo que me marcou logo de catrro aos aí.” En canto ao partido do domingo, en Zubieta, a lateral esquerda realista entendeu que “elas van vir co plus da vitoria do mércores. Que che te dá enerxía, moita vida. Coñézoas. no van a baixar os brazos e iso é o que maís me gusta delas. Non dan un balón por perdido e van vir a gañar, a sacarnos os puntos que sexan. Nós temos que ser conscientes e, malia que vaian últimas, calquera pode sacarche puntos.”

 

Antes de rematar, o programa quixo saber sobre un mito do fútbol: Garbiñe Etxeberria, directora deportiva do club. Nuria contou que foi quen “contactara co meu pai, falamos durante o confinamento. É unha persoa moi próxima que apostou por min. Querían que viñese, valoráronme, ela preocupouse por min, deume moi bo trato é moi boa persoa e está a facelo moi ben.”

 

O ponto cultural ao programa deuno Óscar Losada, que no feche contounous e picounos a relación do músico e escritor, Chico Buarque, co fútbol.

 

Desde o programa, mesmo sendo maioritariamente homes, sentimos o 8 de marzo coma vós. Nunca camiñaredes soas!