In The Corner 7 maio 2021

Programa: 
A Bancada

O Deportivo abriu novas espectativas para a súa permanencia logo de derrotar ao Madrid C.F. na pasada xornada. Veremos o que acontece na viaxe a Sevilla fronte un equipo que foi eliminado o mércores da Copa de España. Falamos da debacle do Friol e centrámonos no que consideramos como o partido da xornada, o Sp. Gijón B-Umia, que se xogará o domingo, ás cinco da tarde, no campo 3 de Mareo. Para iso tivemos como protagonistas á galega Eva López e á sportinguista Sara Msaflyam, que tamén nos fixo un pequeno retrato fotográfico do fútbol feminino en Marrocos. Falamos das curiosidades da semana reiterando o triunfo do Deportivo sobre o Madrid C.F., o récord histórico de derrotas consecutivas do Friol, a mellor xeira de invencibilidade do Umia na Primeira Nacional, os goles de Carla Couso (Villestro), os de Ángela Novás (Sárdoma B) e a relación de equipos de Segunda Galega que aínda non recibiron cartóns e aspiran, por esa razón, a entrar nas eliminatorias de ascenso á Primeira Galega. En canto ao fútbol autonómico, logo de repasar a situación da Primeira e Segunda Autonómicas, parámonos nos grupos B e C con Rubén Bárcenas, do Pastoriza.