En inédito silencio

Programa: 
Club de lectura

"En inédito silencio ábrese ao mundo como unha suite versada que aviva todos os nosos sentidos. A natureza convértese en escenario principal, nun teator onde discorren os tres actos da obra somerxendo ao lector nunha dimensión, onde realidade e soño se confunden. Este poemario é unha ollada, dende o máis profundo do alma, sobre a vida, o amor e a morte". Fini García elaborou este texto para a contraportada do libro “En inédito silencio” de André Cerdido. En torno a él falamos hoxe no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión. Participan, Esther Val, Andrés CM Riveira, a editora Ana Fernández e o autor André Cerdido.

Aí van uns versos do libro:

"Estou descalzo/ sinto a terra húmida nos meus pés/ candos e afunden na area preto do mar. Vés ao lonxe/ es ti/ coñézote polo andar/ o teu corpo é todo ardora"