Eu sei cando vai sair o premio

Programa: 
Vilanova

En relación coa educación, afirma Barcia que as persoas temos baixa tolerancia á frustración  e os videoxogos permítennos repetir ata conquistar o éxito. Defende o psicólogo que o videoxogo en si non nos volve violentos, pero se xa temos un perfil así, vaino reforzar. E deixamos unha reflexión: "Se o mundo do videoxogo desperta tanta atención entre os  adolescentes, por que non aproveitalo, encauzando a situación desde o punto de vista educativo?"