HS1170

Programa: 
Higher Street

Programa 1170 de Higher Street. Continuamos escoitando a Suite Chappaqua, segunda parte, de Ornette Coleman en 1965, con arreglos do contrabaixista e cellista Joseph Tekula, inédita música da película Chappaqua de Conrad Rooks que, finalmente, e tras comprobar que a música requerida superaba con creces ao vídeo, ambientou sonoramente Ravi Shankar, actor na mesma ao igual que Allen Ginsberg, Moondog, William S. Burroughs e o propio Ornette no papel de Peyote Eater.

Escoitamos Little Ghost, o traballo mais recente do trío de Los Angeles Moonchild, habituais do catálogo do selo británico Tru Thought, e que a finais de 2019 publicaban Little Ghost, un disco no que continúan a súa liña iniciada en 2012, e que os leva pola fusión de soul e r&b contemporáneos con electrónica suave.

Para o final queda o novo disco de Capitol K, nome habitual da electrónica europea dende os seus inicios en Planet Mu aló por 1999. Nacido en Malta, Kristian Craig Robinson viviu en Dubai e Brunei ata instalarse en Londres, dende onde desenvolve toda a súa actividade como productor usuario habitual das claves lo-fi, indie e folktrónica. O seu novo traballo, Birdtrapper, explícao o propio Capitol K coma "o son dun delirio de iniciación nunha aldea oculta utópica". Este mini-álbum de seis pistas se formou a partir de improvisacións rituais realizadas en Malta, usando frautas caseiras, tubos de caña, percusión de bambú, caixa de ritmos e sintetizadores, coa pista de baile alternativa en mente, configurando unha evocación de chamadas sónicas de paxaros, abandono de protoraves, resonancia ambiental e un estado cautivo extático, xunto coas visións dos seus traballos anteriores de cazadores, templos y músicas de matorral.

[Ornette Coleman - Chappaqua Suite Part II]

+

[Moonchild - Little ghost]

Moonchild - Wise women

Moonchild - Everything I need

Moonchild - Get to know it

Moonchild - Come over

Moonchild - Onto me

Moonchild - Whistling

+

[Capitol K - Bridtrapper]

Capitol K - Birdtrapper

Capitol K - Temple

Capitol K - Brook