HS1175 20200714

Programa: 
Higher Street

Programa 1175 de Higher Street, que se abre coa primera parte, de dúas, dunha obra singular e tremenda creada por Evangelos Odysseas Papathanassiou, aka Vangelis, gravado en 1971 aínda que publicado daquela maneira 7 anos despois. Neste traballo, titulado Hypothesis, a singular mestura de jazz electrónico e pretérito pretendía avanzar un futuro incerto, pero quedou como un traballo case-que-apócrifo cando o selo o Affinity o publicou sen o seu permiso... e o propio Evangelos renegou da súa obra creada, por certo, xunto coa sección rítmica que tamén acompañou a John McLaughlin no seu laureado disco Extrapolation.

Seguimos con música electrorgánica, un término acuñado por sus creadores Alan Evans e Kris Yunker, ambos fascinados pola música de películas dos anos 60 e 70, e que reflexan tal influencia a través do seu alias 7 Day Weekend.

E por non deixar a escena electrónica de cariz atmosférico e menos sintético, o productor e multinstrumentista Àbáse, nacido en Budapest e afincado en Berlin, será o seguinte en presentarse co seu EP debut, unha sorte de fusión de hip hop instrumental con música jazz e influencias afro-brasileiras.

Como remate, a presentación de Beringei a través de WotNot Music, unha referencia electrónica adicada a rememorar xentes e comunidades sonoras especialmente involucradas en dinamizar a vida musical londinense, como MOSSA ou o Total Refreshment Centre.



[Vangelis - Hypothesis Pt 01]

+

7 Day Weekend - Mango moonrise

+

[Àbáse - Invocation]

Àbáse - Align feat. Wayne Snow

Àbáse - Invocation

Àbáse - Sambo feat. Stevo Atambire

Àbáse - Gbe ra nle (Get off di floor)

+

[Beringei - The people, the place]

Beringei - Blue moon

Beringei - The people, the place

mixcloud.com/HigherClub1997/higher-street-1175



hearthis.at/higherstreet/higher-street-1175

 

https://bit.ly/2Wz7K0f