HS1176

Programa: 
Higher Street

Programa 1176 de Higher Street, na que comezamos rematando a escoita de Hypothesis, de Vangelis, coa emisión da segunda parte desta fascinante combinación de jazz e electrónica convertida en histórica tanto polo seu carácter de revolucionaria como polo contexto no que se desenvolveu.

E se ben a pasada emisión falabamos de 7 Day Weekend, o seu creador repite esta semana con outro novo e interesante proxecto. Alan Evans, fundador da mítica banda Soulive, comparece tamén nesta edición do programa agora co seu proxecto de funk eléctrico AE3, ou Alan Evans Trio, no que repite Kris Yunker.

Cambiamos radicalmente de tercio co disco Golden Days, o cuarto do quinteto británico Mama's Gun, no que a esencia do soul más clásico se presenta actualizada ao século 21 a través do selo Legere.

Presentamos a continuación dous novos remexos da música de Moonchild, con Eric Lau e Kaidi Tatham dunha parte, e Dj Jazzy Jeff e James Poyser da outra, para rematar en clave afrofuturista coa unión do belga e congoleño Badi na parte do rap, e a produción musical a cargo de Boddhi Satva.

[Vangelis - Hypothesis Pt 02]

+

[AE3 - The wild root]

AE3 - Black rider

AE3 - Ojo kan

AE3 - Danny for Mayor

+

[Mama's Gun - Golden days]

Mama's Gun - You make my life a better place

Mama's Gun - On the wire

Mama's Gun - Golden days

Mama's Gun - London girls

+

Moonchild - The truth (Dj Jazzy Jeff & James Poyser remix)

Moonchild - Run away (Eric Lau & Kaidi Tatham remix)

+

Badi & Boddhi Satva - Virgil abloh