Informativo 12-11-2018

Programa: 
Informativos de Radio Fene

Mañá, 13 de novembro, vence o contrato do concello de Fene con Viaqua despois de 25 anos de relación, desde 1993. Hoxe, con carácter de urxencia, reuniuse o pleno municipal para decidir a extinción do contrato coa empresa que xestiona a auga. A partir dagora prosigue a relación con esta empresa dun xeito provisional ata que o pleno decida o modelo de xestión que sexa máis conveniente para os veciños e veciñas de Fene.