Informativo 26-10-2018

Programa: 
Informativos de Radio Fene

O concello de Fene entrega os Premios Curuxa do Humor Gráfico 2018 esta tarde ás 19:00 horas no Museo do Humor. Os traballos dos gañadores, xunto a outros moitos presentados ó concurso, aínda poden visitarse nestas instalacións municipais ata o 2 de novembro. Ao remate do acto de entrega de premios, contra as oito, comezará o monólogo do polifacético José Luís Gutiérrez, "Guti".