Los amnésicos

Programa: 
Club de lectura

A autora de "Los amnésicos" é  franco alemana, porque ten pai alemán e nai francesa. O libro nace do descubrimento de que o seu avó paterno, amparándose na legalidade nazi, compra en 1938 a un prezo irrisorio unha empresa aos seus propietarios xudeus, a familia Löbmman, máis tarde asesinados en Auschwitz. Os herdeiros reclamana o seu ao final da guerra pero o avó opta por negar a súa responsabilidade como Mitläufer. Así arranca esta obra que indaga na familia e na complexa evolución dos alemáns desde unha dictadura á democracia.  A historia exténdese a outros países de Europa para abordar esa “amnesia” que hoxe amenaza a propia democracia. O libro móvese entre a crónica, a indagación histórica e o ensaio. A crítica literaria califícaa de “ relato perturbador”, “libro informado, intelixente e dunha gran honradez”. “O libro, en palabras do historiador e catedrático da USC, Lourenzo Fernández Prieto, convidado especial a esta cita, “ponnos diante da evidencia do difícil que é xestionar un pasado tan incómodo”. Con el participan os historiadores, Juan Carneiro, Miguel Rodríguez e Henrique Sanfiz.